Que tal estades queridas cabaciñas? Espero que moi ben :) Tiven unha reunión co Departamento de Orientación, é dicir, co profe Manu, a profe Mari e a profe Yolanda e déronme unhas recomendacións para que, familias, "traballedes" coas nosas Cabaciñas :) Son unha serie de pautas para estimular a linguaxe e uns xogos para poder descargar no móbil, tablet ou xogar desde o ordenador. Esperamos que disfrutedes un montón, e xa sabedes, a falar moito moito ;)
QUE PODEMOS FACER PARA ESTIMULAR A LINGUAXE DAS NOSAS FILLAS E FILLOS?
- Seguir a iniciativa da nena ou neno, non tentar dirixilas/os máis da conta, o cal pode diminuír a iniciativa e os desexos naturais de explorar das pequenas/os.
- Aproveitar ao máximo as situacións e o material da propia casa.
- Xogar as “adiviñas e adiviños”: facer un ruído e que ela ou el o identifique.
- Fomentar o uso de preguntas do tipo que?, quen? ou como?.
- Lerlle pequenos contos ou relatos infantís, comentando despois diversos aspectos do mesmo (protagonistas, accións, escenarios...) e que faga daquela unha recapitulación da historia (correctamente secuenciada).
- Aproveitar que un membro da familia non presenciase unha película, programa, etc. para que a nena ou o neno llo conte.
- Desmontar obxectos, máquinas, aparellos, xoguetes, etc. e ir nomeando ca nena ou neno cada unha das partes.
- Aproveitar unha excursión ao campo ou unha saída ao parque (no noso caso actual, cando disfrutemos no balcón, fiestra ou nas hortas) para, nunha conversación ca nena ou neno, ampliar o vocabulario relativo a plantas, animais, elementos da natureza, etc.
- Esconder cousas e logo darlle pistas para que as atope.
- Mirar revistas, xornais ou libros ca nena ou neno: ir pasando as follas, nomeando todos os debuxos ou fotos que coñeza. As famimlias iredes achegando máis nomes, descoñecidos para elas/es ou que non lembra e preguntaranlle, para estimularlle, relativo a accións ou calidades.
- Utilizar unha linguaxe rica e precisa. Falarlle á nena ou neno de acordo a súa idade e fuxir do sobreproteccionismo, dos termos infantís, non responder por ela ou el e deixar que se exprese libremente, ignorando o que nos trate de dicir utilizando unicamente xestos ou sinalando.
- Xogar ao "vexo,vexo..." xogo dos contrarios, trabalinguas, adiviñas…
- Convén falar moito con ela ou el, preguntándolle polas súas preferencias, amizades, actividades favoritas, como vai vestido... As nenas e nenos aprenden moito por imitación, por tanto cando falemos con elas ou eles hai que facelo amodo, pronunciado correctamente….
- Cando unha nena ou neno diga mal algunha palabra debemos correxila/o, principalmente naqueles casos que sabemos que poden facelo correctamente. Se existe algún problema de articulación non debemos presionar excesivamente.
- No caso onde hai unha linguaxe moi sinxela debemos pedir que use frases máis longas (en lungar de pedir auga, dirémoslle que nos digan: por favor, dasme auga?).
- Debemos tamén facer fincapé nas "normas sociais" de conversación: perdir por favor, dar as grazas, non interromper mentres os demais falan...
E xa por último, deíxovos a serie de aplicacións que me recomendaron para que poidades descargar e disfrutar :)
1. Terapia del lenguaje y cognitiva con MITA Mita
2. Primeras palabras para niñas y niños Primeras palabras
3. Tarjetas educativas Tarjetas educativas
Tania💚
Comentarios
Publicar un comentario